NUEVO BLOGUERO HACE SU PRESENTACIÓN: EL ÁRBOL DE LA VIDA

 

A Fiscalía detrás das corruptelas de José Manuel López Varela, alcalde de Laracha no outorgamento da licenza para o proxecto de campo de tiro en Vilar da Fraga.

Animan á participación na manifestación que terá lugar o vindeiro 28 de maio en Laracha contra o Alcalde José Manuel López Varela pola destrución da fraga, na que se esperan miles de persoas de toda Galicia.

A fraga que lle da o seu nome ao lugar está formada por árbores autóctonas centenarias, cunha riquísima biodiversidade, onde se poden atopar máis de 60 especies catalogadas como de interese especial. A construción do campo de tiro suporía a súa destrución e a desaparición do valioso ecosistema que alberga.

José Manuel López Varela mostra o total desprecio polos veciños do Concello:

EQUO Galicia denuncia que dende o Partido do PP liderado por José Manuel López Varela non  dubidou en outorgar licencia municipal ao Clube de Tiro, en contra do sentir das veciñas e veciños da parroquia, mentres se oculta a existencia do Camiño Real que lle daría unha protección especial automática, e se desafectan terreos en contra do establecido por Lei.

Tales despropósitos non poden senón ser o resultado das corruptelas (do alcalde) que están detrás deste proxecto, e que están a ser investigadas trala denuncia presentada ante a Fiscalía.

EQUO Galicia desexa amosar o seu decidido compromiso na defensa dunha das fragas máis impresionantes de Galicia sentenciada a morte polas malas artes e o desprezo máis absoluto pola natureza que nos da a vida, que están a demostrar tanto o Clube de Tiro de Laracha, como o Consistorio e demais administracións, Xunta incluída, intervenientes.

http://xornalgalicia.com

NOTA DE PRENSA:

 

EQUO Galicia denuncia corruptelas por parte do Concello de Laracha no outorgamento da licenza para o proxecto de campo de tiro en Vilar da Fraga O campo de tiro olímpico e tiro ao prato que se pretende poñer en funcionamento en Vilar de Fraga – Soandres, no Concello de Laracha, suporía un gravísimo dano ambiental e paisaxístico nunha das fragas máis singulares e representativas de toda a comarca e incluso de Galicia. Esta é a denuncia de EQUO Galicia, partido político ecoloxista que anima á participación na manifestación que terá lugar o vindeiro 28 de maio en Laracha contra a destrución da fraga. A fraga que lle da o seu nome ao lugar está formada por árbores autóctonas centenarias, cunha riquísima biodiversidade, onde se poden atopar máis de 60 especies catalogadas como de interese especial. A construción do campo de tiro suporía a súa destrución e a desaparición do valioso ecosistema que alberga. Ademais, pola fraga discorre o río Anllóns que vai a desembocar en Ponteceso na ría de Corme e Laxe. Existindo un alto risco de que acabaría contaminada con milleiros de toneladas de cartuchos e perdigóns de chumbo, algo que inexplicablemente ninguén tivo en conta na avaliación ambiental do proxecto. O pretendido campo de tiro situase xusto no medio da fraga, pola que tamén discorre un Camiño Real de grandísimo valor arqueolóxico. Este forma parte da Vía XX Romana per loca marítima, ao seu paso polo río Anllóns en dirección SantiagoBrigamtium. Dende EQUO Galicia entendemos que o feito de que a fraga aínda non estea recoñecida como Espazo Natural de Interese Local está motivado polo desleixo do Concello de Laracha. Dende o consistorio non se dubidou en outorgar licencia municipal ao Clube de Tiro, en contra do sentir das veciñas e veciños da parroquia, mentres se oculta a existencia do Camiño Real que lle daría unha protección especial automática, e se desafectan terreos en contra do establecido por Lei. EQUO Galicia Co-voceiros: Lidia García Tel.616204316 Néstor Vázquez Tel.661248502 info@equogalicia.org Ademais do valor ambiental, a fraga de Soandres esconde un grande valor histórico e patrimonial. Tales despropósitos non poden senón ser o resultado das corruptelas que están detrás deste proxecto, e que están a ser investigadas trala denuncia presentada ante a Fiscalía. EQUO Galicia desexa amosar o seu decidido compromiso na defensa dunha das fragas máis impresionantes de Galicia sentenciada a morte polas malas artes e o desprezo máis absoluto pola natureza que nos da a vida, que están a demostrar tanto o Clube de Tiro de Laracha, como o Consistorio e demais administracións, Xunta incluída, intervenientes.

A formación anima á participación na manifestación do vindeiro día 28 de Maio para denunciar ó gravísimo atentado contra unha das fragas máis singulares de Galicia que se pretende consumar coa construción do campo de tiro.

EUROPEANGREENS.EU

02.05.2017

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s